I Xornada sobre o traxe tradicional galego
Sábado 14 de maio do 2016 Pazo da Cultura - Todo o día.
Exposición no Pazo da Cultura
A Asociación Cultural Argazo, coa colaboración do Concello de Carballo, organiza a Xornada O Traxe Tradicional Galego, que terá lugar o sábado 14 de maio no segundo andar do Pazo da Cultura durante todo o día. A programación polo miúdo é a seguinte:
Sesión de mañá - entrada libre ata completar aforo
- 10.30 a 11.30 - Percorrido audiovisual pola exposición de man de Alberto Golpe Beceiro
- 11.45 a 12.45 - Charla-coloquio “'I É MENTIRA I É MENTIRA'. O TRAXE DE HOXE”
- 13.00 a 13.45 - Mesa Redonda sobre a situación actual do noso traxe. Verdades, mentiras, invencións e tradicións.
- 16.00 a 17.00 - Obradoiro teórico-práctico: Tipos de panos: de cabeza e de corpo. Cómo colocalos correctamente.
- 17.15 a 18.15 - Cómo flecar panos de cabeza e de corpo. Con obradoiro práctico.
- 18.30 a 19.30 - Obradoiro teórico-práctico sobre os tecidos usados no traxe tradicional visitando a exposición para poder ver de primeira man.