A Praza dos Libros arrinca con actividades para todos os públicos
Xoves 11 de xullo do 2019 Todo o día - Xardín Municipal
Anxo Moure
Ademais de literatura, a XIV Feira da creatividade cultural de Carballo chega cargada de actividades para todos os gustos e idades. Bota unha ollada ao que che agarda no Xardín Municipal na primeira xornada da Praza dos Libros. Toma nota!
- 11.00h. Apertura da Praza dos Libros.
- 12.30h. Pregón de María Reimóndez coa actuación da Banda de Gaitas de Carballo.
- 18.30h. Concerto de presentación do libro-disco "A nena e o grilo máis aló", de Magín Blanco.
- 20.00h. Conversa de autoras entre María Canosa e Concha Blanco, que falarán sobre as súas obras "Caderno de lúas" e "Macedonia de versos". O acto estará moderado polo xornalista Santiago Garrido.
- 21.00h. Presentación do libro de Daniel Asorey "As mulleres da fin do mundo". Presenta o acto o xornalista Manuel Rey Pan.