A compañía carballesa Galeatro estrea "Carabela", a súa segunda obra infantil
Domingo 19 de xaneiro do 2020 18.00 horas - Pazo da Cultura
Galeatro, a primeira compañía de teatro profesional de Carballo, estreará na casa a súa segunda obra infantil, Carabela, que escribiu para eles unha das mellores dramaturgas infantís galegas, Paula Carballeira.
Os seus fundadores, Alba Bermúdez e Tone Martínez, pretenden dar a coñecer aos nenos e nenas un dos grandes problemas ambientais do moento: o uso masivo de plástico. O texto será publicado pola Editorial Galaxia e estará dispoñible proximamente.
Sinopse: Carabela naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de paxaros choromicas e peixes mutantes. Alivia a súa tristeza creando unha nena. O seu corazón comezará a latexar coa ansia de coñecer o mundo fora da illa.
Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez, Davide González; Música orixinal: Davide González; Deseño Iluminación: Ignacio Martín; Deseño escenografía e indumentaria: Diego Valeiras; Texto: Paula Carballeira; Dirección:Davide González.
Público: A partir de 4 anos
Entrada: 3/2 €
Duración: 50'
Rede Galega de Teatros e Auditorios