A nominada"Capharmaüm" pon o broche de ouro ao ciclo Amal en Ruta Carballo
Sábado 1 de febreiro do 2020 20.30 - Pazo da Cultura
Zain, un neno de doce anos intelixente e valente, sobrevive aos perigos das rúas da cidade grazas ao seu enxeño. Fuxindo dos seus pais e facendo valer os seus dereitos, recorre á xustiza para demandalos polo "crime" de darlle a vida.
A directora: Nadine Labaki, actriz e directora libanesa, é unha das maiores referentes do cinema árabe contemporáneo ademais dunha destacada directora de publicidade e videoclips. Esta longamentraxe de ficción valeulle unha nominación aos Oscar e os Globos de Ouro así como o premio do xurado no Festival de Cannes.
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Duración: 126'
Ano: 2018 (O Líbano, Francia)
Organizan: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Puente de Culturas