Presentación da última novela de Manuel Iglesias Turnes
Venres 3 de xuño do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 20.00h
O autor Manuel Iglesias Turnes presenta na Biblioteca Rego da Balsa o seu útimo traballo, Que non te aten. Tras o éxito da súa primeira novela, As rapazas de Xan, no que recuperaba de forma conmovedora a memoria dunha aldea da Galicia dos anos cincuenta do século XX, Manuel Iglesias Turnes regresa con este potente relato da vida interior dunha aldea do noso tempo, dende a ollada das persoas novas que apostaron por construír alí as súas vidas.
Entrada libre.