Inicio Áreas Cultura Axenda Nemeth organiza a 3ª Foliada...

Nemeth organiza a 3ª Foliada solidaria a beneficio da Cruz Vermella

Sábado 17 de decembro do 2022 20.00 horas - Mercado municipal

A Asociación Cultural Nemeth organiza para o sábado 17 de decembro a III Foliada solidaria a favor de Cruz Vermella Carballo, con recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene. O evento celebrarase dende as 20.00 ata as 00.30 horas, na planta alta do mercado municipal.

O prazo de inscrición para os grupos que desexen tocar xa está aberto. Os interesados poden contactar coa entidade a través das redes sociais (Instagram: @acnemeth / Facebook: Nemeth Carballo) ou do número de teléfono 604002258. Poderanse anotar tanto grupos de nenos/as como de adultos/as.  

Dende Nemeth animan a todas as persoas que queiran vir tocar ou bailar a que o fagan, e tamén a colaborar con Cruz Vermella.

Compartir: