Inicio Áreas Cultura Axenda Exposición de beléns do...

Exposición de beléns do mundo

Do mércores 14 de decembro ata o domingo 15 de xaneiro do 2023 16.30 a 20.30 horas - Pazo da Cultura (andar -1)

Este Nadal podemos viaxar De Belén ao Finisterrae a través dunha das mellores coleccións de beléns de todo o estado. Unha selección das máis de 2.500 pezas artesás que integran o Taller Museo Santxotena (Áraba) está en Carballlo para ofrecernos unha mostra única, froito de máis de vinte anos de traballo de Teresa Lafragua e Xabier Santxotena para dar a coñecer a historia, a cultura e a etnografía dos pobos dos cinco continentes.

A exposición, que chega por primeira vez a Galicia grazas á colaboración entre a área de Turismo do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, permítenos facer un percorrido ao longo das rutas xacobeas que conducen ao finisterrae galego.

 A mostra poderá visitarse ata o 15 de xaneiro, en horario de 16.30 a 20.30, de luns a sábado, na sala de exposicións situada no andar -1 do Pazo da Cultura (fronte ao auditorio).

Compartir: