Inicio Áreas Cultura Axenda Exposición do Premio...

Exposición do Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica

Do venres 20 de xaneiro ata o xoves 16 de febreiro do 2023 17.00 a 21.00 horas - Pazo da Cultura

Ata o 16 de febreiro podes visitar no andar -1 do Pazo da Cultura a exposición do Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica, que inclúe unha selección de obras de gravado calcográfico, litografía, serigrafía ou xilografía escollidas polo xurado da XVI edición do certame que convoca anualmente a Deputación da Coruña.

A participación de artistas de máis dunha vintena de países é indicativa do prestixio e a repercusión internacional desta iniciativa. Na mostra poderemos desfrutar da obra gañadora, a litografía Drama no polígono, que por primeira vez na historia do premio pertence a unha artista galega: María Mejide.

Organizan Deputación da Coruña e Concello de Carballo.

Compartir: