Inicio Áreas Cultura Axenda Acto informativo "Á procura...

Acto informativo "Á procura das vítimas de Bértoa"

Xoves 9 de febreiro do 2023 19.30 horas - Espiral Maior Foro

A agrupación cultural Lumieira e a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica teñen programado, co título Á procura das vítimas de Bértoa, un acto divulgativo no que se falará sobre o proceso da investigación da fosa común existente no cemiterio de Bértoa e dos trámites para a exhumación dos catro coruñeses represaliados polo franquismo, entre eles o pintor Francisco Miguel.

Participarán Carmen García-Rodeja, profesora e portavoz da ARMH Galiza; o profesor e historiador Xan Fraga; o escritor e director de Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Tamén intervirán familiares dunha das vítimas, Juan Boedo Pardo, e leerase un texto enviado expresamente dende México por Sandro de Miguel, neto do pintor coruñés.

Compartir: