Exposición Mare Mágnum
Do venres 10 de xuño ata o domingo 31 de xullo do 2016 Pazo da Cultura - De 17.30 a 20.30 h.
Exposición Mare Mágnum
Un ano máis, os creadores e creadoras da Asociación Crea Formas Artísticas ofrecen o mellor do seu traballo no Pazo da Cultura. As obras serven para reflectir 23 olladas moi diferentes sobre o mar, "Mare Mágnum cheo de vida", "mar bravo e mar en calma", "mar de liberdade", "mar de vida" e "mar de norte, loito e morriña das que nel se perden". Na mostra poderedes observar creacións de disciplinas e modalidades artísticas moi diversas, con ampla maioría de pintura, pero tamén con escultura, instalacións ou mesmo fotografía.
Desta volta, os autores e autoras da Asociación Crea Formas e artistas convidados que participan na mostra son: Adriana Díaz, Antonio Taracido, Carmen Rojo Varela, Cristina Castro, Chiña, Emi de las Heras, Esther Chamoso, Eva Facal, Isa Fernández, Javier Rodríguez, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, Paco Souto, Peter Kramer, Peter Schneider, Risé, Santi Picos e Teresa Candal.
O horario de visita: de luns a domingo de 17.00 a 20.30 horas na Sala de exposicións Alberto Gende do 3º andar do Pazo da Cultura.