Acto de inauguración da exposición con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa da Coruña
Venres 17 de xuño do 2016 Pazo da Cultura - 20.00 h.
Pazo da Cultura
O andar -1º do Pazo da Cultura acolle a partir das 20.00 horas o acto de inauguración dunha exposición con motivo do 50 aniversario da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios de A Coruña. A mostra fai un percorrido pola historia da entidade. A través de 20 paneis refléxanse os momentos máis relevantes dos 50 anos de vida da asociación, dende o nacemento á situación actual, as presidentas, reivindicacións, actividades, distribución territorial, presencia nas institucións, o labor solidario, etc. Despois de Carballo exhibirase na Coruña, Santiago, Cee, Ferrol e Ribeira. A exposición, poderá visitarse ata o 1 de xullo de 17.30 h a 20.30h, de luns a domingo.
Ao acto de apertura acudirán: o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a Directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez Abea e a Presidenta da Asociación, Rosa Celia Otero.