Inicio Áreas Cultura Axenda Daniel Abreu presenta "El...

Daniel Abreu presenta "El hijo" na Primavera enDanza

Sábado 22 de abril do 2023 20.30 horas - Pazo da Cultura

Esta obra é a representación dun home na natureza. A súa chegada, a maxia do nacer, as pantasmas infantís, o desenvolvemento ligado ao primario e a cultura e, desde aí, ao que conforma o seu camiño. Quizais se mova pola procura de sentido, quizais por subsistir, quizais pola fe ou, quizais, por romper con todo.

Así o explica o seu creador Daniel Abreu: “O fillo fala do vínculo cos proxenitores e dun lugar e o que se fai con el. En definitiva, fala de como se conforma e desenvólvese un vástago (...) É a través da poética da imaxe e do son como presento a un descendente e, sen estar presentes, falo de pais, dun lugar e, sobre todo, do máxico. E é que a danza permite a celebración dun estar vivos e ter historia; a experiencia de ser fillo, e o seu entusiasmo; a relación cos ciclos naturais e os sistemas; e, niso, o conxunto de reaccións dentro e fóra que fan que un exista".

O bailarín e coreógrafo Daniel Abreu naceu na illa de Tenerife, onde traballa dende o 2018 como director artístico de Lava Compañía de Danza, a compañía do Auditorio de Tenerife, labor que compaxina coa de director da súa propia compañía.

Ligazóns

Compartir: