Inicio Áreas Cultura Axenda XXII Romaría do Gaiteiro no San...

XXII Romaría do Gaiteiro no San Cristovo

Sábado 2 de xullo do 2016 Praza do San Cristovo - De 10.00 a 0.00 h.

Romaría do Gaiteiro 2015

Romaría do Gaiteiro 2015

O barrio do San Cristovo organiza o sábado 2 de xullo coa colaboración do Concello a XXII Romaría do Gaiteiro, que contará con numerosas actividades durante o día que van de fútbol sala, ao xogo da chave, pasando por actuacións musicais dos grupos da AC Nemeth, dos Gaiteiros do San Cristovo ou do Dúo Libertad, ademais dun sorteo de agasallos.

Non falta tampouco a homenaxe a José Vázquez Viñán, o distinguido na romaría deste ano, nacido en Sorrizo, parroquia de Arteixo, en 1945. Coñecido como Pepe o Carpinteiro, foi presidente da Asociación Cultural Argazo de Noicela, onde comezou a súa afección polo folclore galego. Na actualidade colabora coa Asociación Queiroga de Paiosaco e coa Banda de Gaitas de Bértoa.

Respecto do horario das citas polo miúdo:

  • 10.00 h. Torneo de Fútbol sala
  • 12.00 h. Pasarrúas polo barrio
  • 17.00 h. Xogo da chave
  • 19.00 h. Actuación dos grupos da Asociación Cultural Nemeth
  • 20.30 h. Homenaxe a José Vázquez Viñán
  • 21.00 h. Actuación dos Gaiteiros do San Cristovo
  • 22.00 h. Gran Sardiñada coa actuación do Dúo Libertad
  • 0.00 h. Sorteo de agasallos e festa ata que o corpo aguante!

Compartir: