Inicio Áreas Cultura Axenda "Tom Petty" e The Waiting,...

"Tom Petty" e The Waiting, protagonistas dun novo Curruncho Pop

Sábado 17 de febreiro do 2024 19.30 e 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Volve o Curruncho Pop á Biblioteca Rego da Balsa cun formato no que se mesturan literatura e música arredor de autores/as concretos/as. Nesta primeira entrega do 2024, o protagonista será Tom Petty.

Ás 19.30 horas presentaremos o libro Tom Petty (Warren Zanes). Bruno Fuente, editor español, e Juancho López, gran coñecedor da música de Tom Petty ademais de membro de The Waiting, grupo encargado de interpretar en directo o repertorio do músico de Florida.

Tom Petty foi un músico americano mundialmente recoñecido que finou no 2017, guitarrista e cantante que comezou a súa carreira no 1976 co nome de Tom Petty & The Heartbreakers cun disco homónimo no que aparece American girl, unha das cancións mais recoñecidas da súa traxectoria. Coetáneo de Springsteen, é quizais, xunto con el, o músico americano máis importante das últimas décadas.

Ademais de publicar 13 discos cos Heartbreakers, editou tres en solitario e dous máis con The Traveling Wilburys, grupo que compartía con Roy Orbison, Bob Dylan, George Harrison e Jeff Lynne.

O seu biógrafo, Warren Zanes, tamén músico nos excelentes The Del Fuegos, publica agora unha biografía magnífica, moi ben escrita, sen entrar en detalles persoais innecesarios e centrándose na súa música e os acontecementos que nela influíron.

Compartir: