Inicio Áreas Cultura Axenda Exposición do Premio Luís...

Exposición do Premio Luís Ksado de creación fotográfica

Do martes 27 de febreiro ata o domingo 17 de marzo do 2024 17.00 a 21.00 horas - Sala Alberto Gende

A sala Alberto Gende, no 3º andar do Pazo da Cultura, acolle unha exposición dos traballos premiados na XVII Edición do premio de creación fotográfica Luis Ksado, organizado pola Deputación da Coruña.

O galardón, convertido xa nun referente no eido da fotografía en Galicia e en España, recaeu nesta edición na serie documental El espejo de Claude, do compostelán Fuco Reyes, proxecto sobre a adolescencia realizado durante o último ano en distintos institutos de Galicia, traballando cos alumnos en talleres específicos. O xurado destacouno "por asumir riscos, cunha variedade de imaxes, pero mantendo a coherencia narrativa e visual no conxunto, transmitindo a incerteza dos adolescentes no mundo ao que comezan a enfrontarse".

Ademais o xurado concedeu unha Mención de Honra a serie Adeus de Vicente Fraga, imaxes cunha mirada singular do noso mundo rural.

Organizan Deputación da Coruña e Concello de Carballo.

Compartir: