Inicio Áreas Cultura Axenda "Pegadas no tempo",...

"Pegadas no tempo", exposición de Isabel Soutullo

Do venres 19 de abril ata o venres 10 de maio do 2024 17.00 a 21.00 horas - andar -1 do Pazo da Cultura

Pegadas no tempo é unha pequena viaxe dende a primeira exposición da artista autodidacta nada en Coristanco, Isabel Soutullo, ata o día de hoxe. Óleos, collages e fotografías nos  que poderemos apreciar a súa preocupación polo compromiso coa conciencia ambiental, o traballo en pro da igualdade de xénero, o recoñecemento do arduo traballo da xente labrega e mariñeira así como outro dos temas recorrentes na súa obra, o paso do tempo. 

Organiza: Concello de Carballo.

Compartir: