Inicio Áreas Cultura Axenda Festa de presentación do Rockin...

Festa de presentación do Rockin coa actuación de Lóstrego

Xoves 16 de maio do 2024 22.30 horas - O Patacón

Ademais de estrear unha imaxe que vai lucir moito nas camisetas deste ano, o Rockin’24 incorpora unha festa de presentación que se celebrará o venres 16 de maio, a partir das 22.30 horas, no Patacón, e na que poderemos escoitar a Lóstregho, considerada unha das mellores bandas da Costa da Morte.

Lóstregho defínese coma “un power trío moderno; batería, baixo e voz. Elementos máis que suficientes para xerar un son atronador e potente en directo, que deambula entre o punk máis garaxeiro ao stoner rock con toques psicodélicos, onde ninguén botará de menos ás guitarras”.

A banda naceu en Ponteceso da man de Bryan e José García, aos que se sumou Josinho da Morena para poñer a voz. No 2022 gravaron o seu primeiro EP, Arroutada, un dos lanzamentos destacados do ano para publicacións como Solofolar ou Rouco Son. No 2023 incorporouse ao grupo Pablo Alvite en substitución de José García, e xa están de novo nos escenarios para facernos gozar dun directo explosivo.

Compróbao o venres 16 na festa organizada polas concellarías de Cultura e Festas e Mocidade como antesala do Rockin, o festival de música alternativa que chega cada ano polo San Xoán, e que nesta edición vaise celebrar o 22 de xuño. Se queres saber que grupos nos farán bailar este ano, non faltes á cita no Patacón.

Compartir: