A exposición "Montanacos" volume 2 reúne a seis artistas

Do xoves 13 de xuño ata o mércores 31 de xullo do 2024 17.00 a 21.00 horas - Andar -1 do Pazo da Cultura

O collage invade un ano máis as paredes da sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura, porque volven os Montanacos, que neste volume 2 reúne obras de Milagros Cotelo, Maribel Castiñeira, Josecho González, Isabel Soutullo e Mon Lendoiro.

A arte local é un clásico dentro da programación do San Xoán, e por iso o acto inaugural, previsto para o xoves 13 ás 21.00 horas, será moi festivo, xa que incluirá unha performance vídeo-musical na que colaboran o cineasta e pintor Jesús ArtÉxtasis e a soprano Susana de Lorenzo, cuxa traxectoria se define pola variedade de repertorio e pola estrea de obras e a recuperación de compositores. Ten actuado coas mellores orquestras galegas.

Compartir: