II Festifolk Costa da Morte - Concello de Carballo
Sábado 9 de xullo do 2016 Praza do Concello e rúas de Carballo - 21.00 h.
Xabier Díaz
O Concello de Carballo, a Fundación Luís Calvo Sanz e La Voz de Galicia colaboran para celebrar a segunda edición do Festifolk Costa da Morte. A partir das 21.00 h. as rúas de Carballo e a Praza do Concello acollen un desfile con grupos de gaiteiros de toda a Costa da Morte ao ritmo de foliadas,
muñeiras, xotas, etc.
Logo, a partir das 22.00 h., o palco da Praza do Concello acolle o concerto de Pepe Vaamonde e de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre. Os sons da gaita e da música tradicional galega tamén son os protagonistas do espectáculo nocturno. Pepe Vaamonde presenta o seu novo proxecto musical Nas
Pedras do Lar, un espectáculo baseado na contundencia e forza da música folk galega, que se mestura cunha chea de novos sabores sonoros.
E para rematar o Festifolk gozaremos de Xabier Díaz, que no seu novo traballo The Tambourine Man, rodéase das Adufeiras de Salitre, un grupo de percusionistas e cantoras de música popular. Xuntos montarán unha gran foliada demostrando que a tradición non esmoreceu e que queda sitio para o baile e o aturuxo, etc.
Como todas as citas do Verán Cultural, as actuacións son de balde.