A "Carabela" de Galeatro arriba ao Nadal Pequespectacular
Xoves 26 de decembro do 2024 18.00 horas - Pazo da Cultura
Carabela naufraga na Illa Pequena de Plástico. Está soa, rodeada de paxaros choromicas e peixes mutantes. Alivia a súa tristeza creando unha nena. O seu corazón comezará a latexar coa ansia de coñecer o mundo fora da illa.Galeatro, primeira compañía de teatro profesional de Carballo, presenta Carabela, escrita por unha das mellores dramaturgas infantís galegas, Paula Carballeira, que pretende dar a coñecer aos nenos e nenas un dos grandes problemas ambientais, o uso masivo de plástico.
Intérpretes: Alba Bermúdez, Tone Martínez, Davide González / Deseño Iluminación: Ignacio Martín / Deseño escenografía e indumentaria: Diego Valeiras / Texto: Paula Carballeira / Dirección e música: Davide González
Público familiar. Organiza: Concello de Carballo / Colabora: Deputación da Coruña