Inicio Áreas Cultura Axenda Circo Krasnovarak abre o Entroido con...

Circo Krasnovarak abre o Entroido con xigantes, domadores e monicreques

Venres 28 de febreiro do 2025 18.30 horas - Praza do Concello

Entroido 2025 - Circo Krasnovarak

O Entroido de Carballo comeza cun espectáculo de rúa na Praza do Concello. Troula Animación presenta Circo Krasnovarak, dirixido a todos os públicos. Nika chega puntual, coma sempre, ao punto de quedada, o sitio onde tiña que estar montada a carpa do… “Gran Circo Krasnovarak!”, pero… que acontece?, non hai carpa!, pero é que tampouco está Pepo o paiaso, nin os irmáns trapecistas…. NON HAI NINGUÉN! Ao rato aparece Igor, o director e domador do circo, e resulta… que temos un problema maior! Os animais do circo… andan perdidos pola cidade! Haberá que saír a buscalos!

A duración aproximada do espectáculo é dunha hora.

Descargas

Compartir: