Festival Sereas e Piratas
Sábado 23 de xullo do 2016 Praia de Razo - Todo o día
Verán en Carballo é dende hai máis dunha década sinónimo de Sereas e Piratas, o festival que une música, deporte, diversión e a espectacular praia de Razo. Este ano o cartel da noite, a partir das 22.00 horas, está formado por The Wave Pictures, Sr. Chinarro, Pablo und Destruktion, Juventud juché e Músculo!.
Polo día, tocarán a partir das 14.00 horas e durante toda a tarde, Aries, Night Boys e Bifannah. Tamén haberá surf, skate e volei-praia. Á dereita tendes todos os horarios polo miúdo.