Inicio Áreas Cultura Axenda Noites de cine na Praza da Milagrosa: O...

Noites de cine na Praza da Milagrosa: O noso útimo verán en Escocia

Mércores 3 de agosto do 2016 Praza da Milagrosa - 22.00 h.

O noso útimo verán en Escocia

As noites de cine do Verán Cultural visitan, como cada mércores, a capital municipal, neste caso o barrio da Milagrosa, coa proxección da película O noso útimo verán en Escocia. Doug e Abi son dous pais normais que teñen tres fillos encantadores aínda que moi excéntricos. Cando a tensión de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio, deciden realizar unha viaxe a Escocia cos seus fillos. A película está recomendada para todos os públicos e conta cunha duración aproximada de 95 minutos.

A cita, a partir das 22.00 horas, terá lugar na Praza da Milagrosa.

Compartir: