Rúa dos contos: estrea do "Concerto singular" de Píscore
Venres 7 de outubro do 2016 Bar A Barra - 23.30 h.
Píscore
Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un concerto cun só instrumento? Catro virtuosos músicos fronte a un gran conflito: 16 baquetas e unha marimba. Organizarse non vai ser doado. Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, coa dirección de Fran Rei son unha nova formación que presenta no FIOT unha musicomedia, a mellor música e moito humor para un concerto singular cunha proposta que mestura virtuosismo musical e ritmo coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
No Bar A Barra a partir das 23.30 horas. Entrada gratuíta.