FIOT: estrea en Galicia de "Sueño de una noche de verano" de Metatarso Producciones
Sábado 22 de outubro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h.
Sueño de una noche de verano
Mentres unha compañía de cómicos ensaia unha obra de teatro para celebrar as vodas de Hipólita e Teseo, dúas parellas de namorados pérdense nun bosque, non moi lonxe do Reino das Fadas, na busca do amor verdadeiro. Pero algo acontece, o amor está no aire e nada é o que parece, e o que parece non resulta ser certo. Enredando máis a trama, a noite de verán envolve de maxia e encantamentos amorosos todos os protagonistas desta divertida historia. O soño dunha noite de verán é a comedia máis popular e unha das máis fermosas de Shakespeare, do que este ano tamén celebramos o 400 aniversario do pasamento. O propio teatro comparte temática co amor, a fantasía, a loita de sexos ou a impulsividade do ser humano. Carmen Conesa, Emilio Gavira e Alejandro Sigüenza encabezan esta proposta de Darío Facal.
Estrea en Galicia, a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura. Duración aproximada do espectáculo 110 minutos. Entrada 10 euros.