Contos de medo que deixan durmir na Biblioteca Rego da Balsa
Mércores 26 de outubro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 18.00h
Espectáculo teatral familiar onde aprenderemos a rir de nós mesmos e do noso medo. Un paseo ao longo da tradición mística galega cunha chea de gratas sorpresas. Para nenas e nenos de 4 a 8 anos.
A cargo de A Trastenda dos Contos. Os convites para poder asistir a este evento estarán dispoñibles a partir do día 19 de outubro ás 10.30 horas na Biblioteca Rego da Balsa.
A partir das 18.00 horas, de balde.