Mañá consciente: presentación de "La poesía sí puede cambiar el mundo" e obradoiro de poesía
Sábado 12 de novembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 12.00h
As actividades denominadas como conscientes forman parte dun grupo de exercicios que permiten ás persoas que nelas participan introducirse nos seus propios pensamentos, desenvolvendo a solución de problemas como o estrés ou abrindo portas a posibles problemáticas que antes non sabían resolver. Non son actividades milagreiras, nin moito menos, senón que conseguen que a persoa se “conecte” co seu propio ser, coa súa vida, e tome o rumbo que quere levar na mesma.
A Biblioteca Rego da Balsa abre as portas a diferentes disciplinas que poden axudarte no teu día a día, a coñecer un mundo diferente de posibilidades para coñecerse mellor un mesmo. Por este durante toda a mañá do sábado 12 de novembro poderás practicar ioga, meditar cos tambores chamánicos ou gozar creando un poema, entre outras citas.
Ás 12.00 horas, Alberto Mouriño, escritor e poeta galego, presenta "La poesía SÍ puede cambiar el mundo", un libro cargado de versos motivadores e revolucionarios para romper esa zona de confort que nos ten pres@s a abrirnos a unha vida diferente. Ademais, contaremos cun obradoiro posterior de poesía para que nós mesm@s sexamos @s encargad@s de dar vida propia ás verbas que levamos dentro.
Todas as actividades son de balde e para público familiar! Se nunca participaches en ningunha actividade parecida, este é o momento para coñecer algo diferente. Ven e sorpréndete!