Exposición "Catálogo"
Do xoves 3 de marzo ata o domingo 24 de abril do 2016 Andar -1 do Pazo da Cultura
O andar -1 do Pazo da Cultura acolle dende o xoves 3 de marzo a exposición "Catálogo".
Esta mostra forma parte dun proxecto expositivo de catro creadores e creadoras da comarca, Rosalía Fernández, Chiña, Paco Souto e Mon Lendoiro, que pretenden axitar a vida cultural da Costa da Morte. Sendo a súa premisa a interacción entre as artes, neste proxecto invirten a habitual relación entre ilustración e texto no proceso creativo, sendo aquela xerme e pretexto deste. A exposición poderá visitarse ata o domingo 24 de abril de 18.00 a 21.00 horas, de luns a domingo e a entrada é libre.