"Menú da fala" con Carlos Blanco e Luis Davila
Venres 16 de decembro do 2016 Pazo da Cultura - 21.00 h.
Luis Davila e Carlos Blanco
O programa DAC Outono Cultural da Deputación da Coruña ofrece a actuación "Menú da fala". Carlos Blanco e Luís Davila son dous piares básicos do humor do país. Posiblemente os dous máis importantes no eido do humor narrado e do humor gráfico respectivamente. Unha mestura inesquecible de palabra e imaxe que vén de crear dous espectáculos realmente divertidos e diferentes.
Nesta xira ambos crean novo material e adaptan outros xa existentes para crear un espectáculo único e inesquecible con referencia ás figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María, amosando a súa incrible capacidade para faceren rir, adaptarse,integrar e facer humor con selo e calidade de país.
A cita é a partir das 21.00 horas no Pazo da Cultura e a entrada é libre e gratuíta con convite previo, que pode recollerse no Pazo da Cultura. Máis info, no 981 704 300.