Teatro de Ningures representa "Unhas poucas picadelas" nos Venres Culturais
Venres 17 de febreiro do 2017 21 horas - Pazo da Cultura
Un recordo no xornal que narra o asasinato dunha muller por parte da súa parella é o detonante dunha historia tráxica de violencia machista na que teñen cabida miles de historias reais e anónimas. Teatro de Ningures chega aos Venres Culturais con "Unhas poucas picadelas", unha obra de Laila Ripoll dirixida por Etelvino Vázquez e interpretada por Sonia Rúa, Lois Soaxe e Pepa Barreiro.
A montaxe, incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios, vai dirixida ao público adulto. A entrada custa 3 euros (2 para os colectivos con desconto).