Xornada de teatro lido para conmemorar o Día do Libro
Venres 22 de abril do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 11.30h.
Con motivo do Día do Libro, a Biblioteca Rego da Balsa organiza nas súas instalacións unha xornadade teatro lido, coa colaboración dos centros de ensinanza IES Parga Pondal, IES Alfredo Brañas e CPR Artai. A actividade terá lugar o venres 22 de abril ás 11.30 horas no auditorio da biblioteca. O alumnado dos centros mencionados porá en escena a Farsa de Bululú, obra pertecente a Manuel María, referente da literatura galega homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.