Aberta do 23 ao 29 de maio a inscrición para as probas de acceso a 1º curso de grao elemental ou profesional no CMUS

Luns 22 de maio do 2023

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo está a desenvolver as últimas actividades deste curso ao tempo que empeza a preparar o seguinte. Desde o 23 ata o 29 deste mes estará aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso tanto ao primeiro curso de grao elemental como ao primeiro curso de grao medio. As persoas interesadas poden informarse no teléfono no Pazo da Cultura ou no teléfono 981 704 300.

As probas de acceso celebraranse no mes de xuño. O calendario e a composición dos tribunais está dispoñible na páxina web do CMUS. Así mesmo, pode consultarse a oferta de prazas vacantes para o vindeiro curso: 31 en total (17 para grao elemental e 14 para grao profesional).



Galería

Compartir: