Aquí tes os gañadores e gañadoras do II Concurso de Solistas convocado polo CMUS Carballo

Martes 7 de maio do 2024

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo celebrou o 4 de maio a segunda edición do Concurso de Solistas, no que se ofrece ao alumnado a posibilidade de amosar as súas habilidades interpretativas nun concerto en solitario no auditorio do Pazo da Cultura, que é o premio gordo.

Nesta edición houbo tres categorías (alumnado de grao elemental, alumnado de 1º a 3º de grao profesional e alumnado de 4º a 6º de grao profesional) e dous premios por categoría: os primeiros de cada categoría actuarán como solistas cunha das agrupacións do CMUS no curso 2024-25, ademais de recibir un cheque-regalo por valor de 100 euros para trocar nunha tenda de música, e os segundos recibiron un vale de 50 euros, patrocinado pola ANPA. A concelleira de Educación, Mar Eirís, de cuxa área depende a xestión do CMUS, asistiu ao certame e entregou os premios.

Grao elemental

Elisa Cereijo Mosquera, 1º premio; Martín Ordóñez Cambón, 2º premio, e Sara Eiroa Vila e María Emilia Borja Sánchez, finalistas

Elisa Cereijo Mosquera, 1º premio; Martín Ordóñez Cambón, 2º premio, e Sara Eiroa Vila e María Emilia Borja Sánchez, finalistas

  • 1º premio: Elisa Cereijo Mosquera (viola)
  • 2º premio: Martín Ordóñez Cambón (trompeta)
  • Finalistas: Sara Eiroa Vila (frauta) e María Emilia Borja Sánchez (clarinete)

Grao profesional (1º a 3º cursos)

  • 1º premio: Pablo Blanco Iglesias (saxofón)
  • 2º premio: Xoel Puga Cereijo (clarinete)
  • Finalistas: Artsiom Davydzionak (piano) e Adela Baldomir Moreira (trompa)

Grao profesional (4º a 6º)

  • 1º premio: Valentín Porteiro Rodríguez (percusión)
  • 2º premio: He Siyuan (saxofón)
  • Finalistas: Andrés Pedreira Varela (frauta) e José Eirís Bello (percusión)A concelleira de Educación, Mar Eirís, da que depende o CMUS, entregoulles os premios.

O obxectivo do concurso é incentivar a motivación e as habilidades interpretativas do alumnado. Poden participar estudantes de 2º, 3º e 4º cursos de grao elemental ou de calquera curso de grao profesional, e os finalistas actúan no auditorio do Pazo da Cultura ante un xurado.

Compartir: