Iria Sobrado, gañadora da primeira edición, regresa a M2 coa performance "Corazón"
Sábado 19 de outubro do 2019 13:00/13:30/19:00/19:30 horas - Mercado Municipal
![](../media/img/corazon-1.jpg)
Mercado de Abastos, 12.00 horas, tránsito habitual, ruído de xente facendo as compras, moedas, coitelos, “bos días”, bolsas de plástico, présas. Por megafonía unha voz dá un aviso. Non é un coche mal aparcado. É unha muller. Egua. Vaca. Cadela. “Estou aquí para amantarte”, di a voz.
A creadora desta performance é a artista galega Iria Sobrado, que volve ao festival tras gañar o premio á mellor interpretación na primeira edición do M2, para a estrea absoluta do seu novo traballo.
Creación e interpretación: Iria Sobrado
Público: A partir de 15 anos
Entrada: Libre ata completar aforo (máx. 20 espectadores)
Duración: 15 '
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo
FIOT28 (Micro-escenas M2)