Aldaolado trae a Carballo "A furia necesaria"
Venres 5 de marzo do 2021 20.00 horas - Auditorio do Pazo da Cultura
Vivimos tempos difíciles, continuamente estamos expostas a situacións que nos indignan, que claman pola nosa rebeldía e que nos dan ansias para saír á rúa a berrar ben alto a nosa rabia.
Pero resulta que nestes días complexos que nos tocaron, non hai nin sequera sitio para o malestar: hai que xurar con coidado, manifestarse con condicións, facer as folgas xustas...
Isto colmou o vaso da paciencia de Aldaolado, que acaban de decatarse do necesario que é facer un espectáculo poético sobre a indignación, o enfado, a ira, e o cabreo. Así nace, Furia necesaria, unha proposta que combina lirismo e rebeldía a partes iguais, unha crítica constructiva feita dende a ironía e a retranca que as caracteriza. As poetas Lucía Aldao e María Lado levan xa unha longa traxectoria como escritoras e creadoras de diversos espectáculos escénicos nos que a poesía, a música en directo e o humor son a base.
Duración: 70 minutos
Público recomendado: + 16 anos
Entradas: 3 € / 2 € + gastos de xesión. Podes reservar aquí. A venda de entradas na billeteira do Pazo da Cultura será o venres 5 de marzo a partir das 18.30h.