Proxección do documental "Idénticas", de Luis Avilés
Xoves 11 de marzo do 2021 19.30 horas - Pazo da Cultura
O xoves 11 poderemos asistir á proxección do segundo documental galego que forma parte do programa #culturaconforza.
Dúas irmáns xemelgas padecen unha enfermidade ultra rara. Único caso no mundo, no que só unha delas presenta os síntomas. Idénticas fala da súa vida e do que supón para a familia convivir coa enfermidade.
Premios Mestre Mateo 2019: Mellor Documental.
Luís Avilés | 2018 | Galicia | 67 min. Amanita Films.
O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto no Pazo da Cultura, ata completar aforo. Reserva previa en culturaentradas@carballo.gal