Avelino González presenta "Sereas, dragóns e pistas de baile"
Venres 12 de marzo do 2021 20.00 horas - Pazo da Cultura
O amor...xa se sabe, ás veces tenro, tantas veces ridículo e, visto dende fóra, sempre divertido. As historias que se contan son tradicionais e contemporáneas, con música de baile, con sereas e algún outro animal, mouras que queren que un rapaz as desencante e dragóns que raptan mozas. O polifacético actor Avelino González sorpréndenos con este novidoso espectáculo de narración oral, teatro, audiovisuais e humor que mestura o vello co novo para falar do amor.
Público adulto.
Entradas á venda a partir do luns 8 de marzo en www.ataquilla.com
Prezo: 3€ / 2€ máis gastos de xestión
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña