"O coelliño branco", protagonista dunha nova visita dos Ratos de Lonxedetodo
Mércores 17 de marzo do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming
A Gran Lilí Gruyére atopou un coelliño branco. Adoptouno como mascota e levouno para Lonxedetodo. Falando con el enterouse de que era o protagonista dun conto e tamén de que traballara moitos anos como axudante dun mago. Aproveitarán a visita á bilioteca para amosarnos o seu gran espectáculo de maxia a dúo!
Público: nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos acompañados por unha persoa adulta.
Inscrición: por teléfono, chamando ao 981 758 580.
As funcións retransmitiranse por streaming en YouTube e Facebook.