"Contos para andar o camiño" cos Ratos de Lonxedetodo
Mércores 14 de abril do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming
O rato Pillo e a ratiña Carolina, xunto aos outros ratos, teñen planeado facer o Camiño de Santiago. O problema aparece cando Pillo se decata de que o Camiño se fai andando. Carolina vai tratar de convencelo e para iso axudarase de tres contos. Queres saber cales son? Achégate á Biblioteca Rego da Balsa ou sigue as retransmisións en streaming a través de Facebook e YouTube.
Reserva a túa entrada a partir do mércores 7 de abril chamando ao 981 758 580.
Normas do espectáculo
- As actividades terán lugar no auditorio da biblioteca.
- Poderán asistir nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos acompañad@s dunha persoa adulta.
- Todas as persoas asistentes levarán máscara. Haberá xel hidroalcohólico na entrada e na saída.
- Deberedes presentarvos na porta de entrada principal da biblioteca 15 minutos antes do comezo da actividade e agardar en ringleira respectando a distancia de seguridade de 1,5 m. coas outras persoas. O persoal bibliotecario acompañará a cada espectador/-a por orde ata o seu asento.
- Unha vez entredes no auditorio teredes que permanecer no voso asento asignado, e non poderedes volver a saír ata o final da actuación, xa que se perdería o dereito a volver a entrar.
- A saída final realizarase pola porta de emerxencia do auditorio.
- Máximo un adulto por grupo de nen@s conviventes. Non se poderán crear grupos de nen@s non conviventes.