Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A longametraxe "Adam" abre o IV ciclo Amal en ruta en Carballo

Venres 30 de abril do 2021 20.00 horas - Auditorio Pazo da Cultura

Carballo acolle a 4ª edición de Amal en ruta cunha selección de cinco longametraxes (tres ficcións e dous documentais) do mellor cine árabe de actualidade. Adam, a primeira longametraxe da directora marroquí Maryam Touzani, será a encargada de inaugurar este ciclo de cinema organizado polo Concello de Carballo e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas, unha entidade que pretende o achegamento cultural entre o mundo árabe e o noso país, para facilitar o entendemento e respecto mutuo.

Sinopse: Abla rexenta unha pastelería na súa propia vivenda en Casablanca, onde vive coa súa filla de oito anos, Warda. A súa rutina, marcada polo traballo e os labores domésticos, vese interrompida cando unha moza embarazada chama á súa porta na procura de emprego e teito.

O acceso ás proxeccións é libre e gratuíto, pero debido ás restricións sanitarias o aforo é limitado, por tanto, as persoas interesadas en asistir deben solicitar previamente a súa entrada enviando un correo electrónico a culturaentradas@carballo.gal (indicando nome, apelidos e número de teléfono).

Dirección: Maryam Touzani
Ano: 2019| Marrocos
Duración: 98 min.
Organiza: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Compartir: