Concerto da Banda de Música de Brión no Verán Cultural
Xoves 22 de xullo do 2021 20.30 horas - Rúa Jacinto Amigo
A Banda Municipal de Brión, comenza a sua andaina no ano 1997, está formada na súa maioría por músicos novos que proceden principalmente da Escola de Música de Brión, que trata de levar a cabo un traballo que lle permita acadar día a día unha mellor calidade musical e técnica, e que conta cunha grande experiencia musical en interpretación de diversos estilos de obras, música clásica, moderna, bandas sonoras...
O xoves 22 de xullo, dentro do programa "O país das bandas", impulsado pola Xunta de Galicia dentro do Xacobeo, ofreceranos un concerto na rúa Jacinto Amigo Lera.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.