Concerto de Pauliña para pechar a edición estival de "Derrubando muros con pintura"
Domingo 22 de agosto do 2021 21.30 horas - Rúa Jacinto Amigo
Un concerto con Pauliña pechará o festival "Derrubando muros con pintura - Edición verán 2021". A artista de Cambados vén de lanzar o seu terceiro traballo discográfico baixo o título Testemuñas e durante o concerto reflectirá o contido do álbum, que ten aproximacións ao blues, ao rock, ao country e mesmo ás rancheiras e ao reggae.
Acceso libre e de balde ata completar aforo.