Cultura

Cultura

- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

"Gods of Molenbeek" abre o ciclo de cine euroárabe Amal en Ruta

Xoves 3 de febreiro do 2022 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Amal en Ruta celebra o seu quinto aniversario en Carballo cun novo ciclo de cine euroárabe que se desenvolverá dende o xoves 3 ata o venres 18 deste mes de febrero na Biblioteca Rego da Balsa e no Pazo da Cultura. O acceso ás proxeccións, que comezarán ás 20.30 horas, é libre e de balde ata completar aforo.

“Gods of Molenbeek (Aatos ja Amine)”. Longametraxe documental. Reetta Huhtanen/ 2019/ Finlandia, Bélxica e Alemaña/ 73 minutos  

O distrito de Molenbeek, en Bruxelas, ten fama de ser un dos epicentros do yihadismo europeo, pero para Aatos e o seu amigo Amine, é simplemente o seu fogar familiar. Xuntos buscan respostas ás grandes preguntas da vida, pero a brutalidade do mundo adulto irrompe cando os terroristas detonan unha bomba no barrio.

Reetta Huhtanen é graduada na ELO Film School de Finlandia, estudou realización de documentais, ademais de licenciarse en Socioloxía e Filosofía. As súas películas "The Coffee Break", sobre tres eternos estudantes, e "Economic Forecasts", sobre o opaco universo da economía, proxectáronse en numerosos festivais internacionais. “Gods of Molenbeek” é a súa primeira longametraxe documental.

Compartir: