Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Volve o teatro co Premio María Casares "Os nenos da varíola"

Venres 4 de marzo do 2022 21.00 horas - Pazo da Cultura

A Real Expedición Filantrópica da Vacina parte dende o porto da Coruña. Vinte e dous nenos procedentes de orfanatos conforman unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina contra a varíola aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas levadas a cabo na historia da humanidade. Peza teatral con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor que toma como eixe central a vida dos nenos, os heroes da expedición e a súa heroína máis esquecida, a reitora da Casa dos Expósitos: Isabel Zendal.

Pérez&Fernández é unha compañía de teatro que en moi poucos anos está a consolidarse dentro do panorama teatral galego. Con esta obra recibiu o Premio María Casares 2021.

Autor: María Solar. Intérpretes: Manu Fernández, Victoria Perez, Xosé Leis e Isabel Risco. ́ Escenografía e deseño de iluminación: Montse Piñeiro e José Manuel Faro. Deseño de son: Manu Fernández. Ambientación musical: Xabier Romero. Vestiario: Mar Fraga. Dirección: Xosé Leis e Victoria Pérez.

Duración: 1 h / Público: A partir de 12 anos
Prezo da entrada: 4 € / 3 €
Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura, desde 90 minutos antes do inicio da actuación

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Ligazóns

Compartir: