Magin Blanco, protagonista do Curruncho Pop
Sábado 21 de maio do 2022 19.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa
Magín Blanco é un compositor, guitarrista e cantante galego moi coñecido polo público cativo. Pero comezou a súa carreira musical no grupo ourensán La Rosa, co que editou catro discos entre 1988 e 1995. Desde o ano 2006, lanzou tres discos en solitario antes de dedicarse á música infantil. En 2012, máis de trinta músicos (Xoel López, Xabier Díaz, Uxía, Santi Campos entre outros) colaboraron no disco-tributo ‘Doutor Apertas’.
En Carballo estará acompañado polo músico, xornalista e escritor ourensán Carlos Rego para presentar o libro Magín Blanco. O camiño da luz, que fai un percorrido biográfico pola particular carreira deste músico.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.