Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Xaime Díaz presenta o seu libro "Carballo. Guía ilustrada de arquitectura"

Venres 18 de marzo do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Despois da excelente acollida do almanaque do 2022, o Concello de Carballo presenta unha nova obra de Xaime Díaz Alonso, que recolle moitos anos de traballo, observación e documentación na obra "Carballo. Guía ilustrada de arquitectura", editada pola Deputación da Coruña.

Toda esa documentación está representada por tres medios: a ilustración, con debuxos realizados polo propio Xaime Díaz, autor tamén dos textos, e a fotografía, obra do seu sobriño e colaborador Diego Díaz Mosquera. A maquetación e a portada foron realizadas por Clara Díaz Pan, que non poderá asistir á presentación.

Xaime Díaz e Diego Díaz estarán acompañados pola arquitecta Mónica Mesejo e polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Compartir: