Comeza o San Xoán coa Big Band e o pregón e Álex Ávila
Martes 21 de xuño do 2022 20.30 horas - Praza do Concello
Álex Ávila, pregoeiro do San Xoán
Comezan as festas de San Xoán!
O tradicional disparo das bombas de palenque converterase ás 12.00 da mañá no chupinazo das celebracións patronais. E xa empezará a soar a música polas rúas da vila co grupo de gaiteiros Meigallos da Nosa Terra.
Pola tarde, ás 20.30 horas asistiremos a un concerto da Big Band do Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo, dirixida por Javier Bardanca. Será o preludio do pregón que pronunciará Alex Ávila Álvarez, pediatra neonatólogo e director do Hospital Materno Infantil do CHUAC. Os actos celebraranse na Praza do Concello sempre que o tempo o permita; do contrario trasladaranse á planta alta do Mercado Municipal.