"Cómo entrenar a tu dragón 3", nas Noites de Cine
Mércores 20 de xullo do 2022 22.30 horas - Praza de San Cristovo
O que comezou como a inesperada amizade entre un mozo viquingo e un temible dragón Furia Nocturna converteuse nunha épica triloxía que percorreu as súas vidas. Nesta nova entrega, Salouco e Desdentao descubrirán finalmente o seu verdadeiro destino: para un, gobernar Isla Mema xunto a Astrid; para o outro, ser o líder da súa especie. Pero, polo camiño, deberán poñer a proba os lazos que os unen, plantando cara á maior ameaza que xamais afrontasen... e á aparición dunha Furia Nocturna femia.
Ano: 2019
Duración: 104 min
País: Estados Unidos
Xénero: animación
Para todos os públicos