"Cuñados", unha comedia festiva dentro do Ciclo Mestre Mateo
Xoves 1 de setembro do 2022 21.30 horas - Praza da Milagrosa
O Ciclo Mestre Mateo tráenos este mes unha proposta divertida e festiva, xa que a película forma parte do programa das Festas da Milagrosa.
SINOPSE
Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.
FICHA TÉCNICA
- Duración: 95’
- Produtora: Portocabo para TVE, TVG e Movistar+
- Dirección: Toño López
- Dirección de arte: Andrea Pozo
- Dirección de fotografía: Jaime Pérez
- Dirección de produción: Ana Míguez, Javi Lopa
- Guión: Araceli Gonda
- Reparto: Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal, Manuel Cortés
- Produción executiva: Alfonso Blanco
- Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco
- Montaxe: Lu Rodríguez
- Música orixinal: Santi Jul, Iván Laxe
- Son: Alfonso Couceiro, Santi Jul, Iván Laxe
- Vestiario: Saturna
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor longametraxe
- Mellor dirección
- Mellor dirección de arte
- Mellor dirección de fotografía
- Mellor dirección de produción
- Mellor guión
- Mellor interpretación feminina de reparto
- Mellor interpretación masculina de reparto
- Mellor interpretación masculina protagonista.
- Mellor maquillaxe e perruquería
- Mellor montaxe
- Mellor música orixinal
- Mellor son