"Soa", Sheila Patricia en directo
Venres 3 de marzo do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura
Sheila Patricia é unha das voces da nova canción de autora en Galicia que está a reinterpretar a música tradicional para adaptala aos novos tempos. Cun estilo orixinal e fresco a compositora e cantante ten influencias do folk, do fado, do jazz ou do folclore latinoamericano
O seu canto tradicional demostra a riqueza do son galego que mestura con diversas formas de música electrónica, desde sofisticadas bases minimalistas ata explosións polirítmicas ultramodernas de son.
En tempos onde a folktrónica chegou a un público masivo, ela é unha pioneira deste xénero. Acaba de recibir o Premio Martín Códax de músicas do mundo e mestizaxe.
Duración: 60 min
Público: adulto
Prezo da entrada: 3 € / 2 €
Rede Galega de Teatros e Auditorios